Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Jitsi

Vídeo

Videoconferencias con Jitsi

Jitsi é unha aplicación coa que poderemos facer tanto videoconferencias, usala como solución VoIP e como mensaxería instantánea, tanto a través do ordenador, con aplicacións para iOS e Android ou directamente a través dun navegador web.

Distribúese baixo a licenza libre Apache.

Algunhas das principais caracterísitacs de jitsi son:

  • Cifrado de son
  • Non é preciso dispoñer dunha conta de usuario rexistrado
  • As salas pódense protexer con contrasinal

Uso e instalación

Pódese instalar no teu propio servidor e tamén pódese empregar un servidor público de terceiros como por exemplo:

NOTA: Temos que ter en conta de todas formas que os servizos gratuítos poden sufrir caídas inesperadas ou ter problemas no servizo debido ao uso intensivo deles que está tendo lugar estos días, no que se multiplicou o teletraballo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal