Libro de resumos dos relatorios da “X Xornada de Usuarios de R en Galicia”, organizada pola Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide (MeLiSA).

Esta xornada pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade, ademais trata de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións.
O programa contempla dezaoito relatorios ao longo de todo o día e unha mesa redonda para celebrar os Dez anos celebrando a Xornada de Usuarios de R en Galicia. Dos cales oito son convidados e ás outras dez atenderon á chamada de recepción de propostas.
Entre os participantes figuran especialistas do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), da Xunta de Galicia: diferentes entidades como a Consellaría de Sanidade, Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia ou o Instituto Galego de Estatística, das tres universidades galegas, de universidades estranxeiras: Universidade Federal Fluminense (Brasil) e da Academia da Força Aérea (Brasil), un profesor de Ensino Medio do IES Pedra da Auga (Ponteareas) e persoal da entidade financeira ABANCA.
Santiago de Compostela, outubro de 2023 O Comité Organizador.
Esta iniciativa foi subvencionada por Amtega, para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.
