Xoves, 11 Xaneiro 2024

Aplicacións libres orientadas a empresa – sincronizador de carpetas

Vídeo

Nesta entrega analizaremos outra ferramenta fundamental para o traballo e a seguridade dixital. FreeFileSync é un software de sincronización de carpetas que crea e xestiona copias de seguridade de todos os teus ficheiros importantes. FreeFileSync determina as diferenzas entre unha carpeta de orixe e unha carpeta de destino e transfire só a cantidade mínima de datos necesaria. É unha ferramenta de software libre, dispoñible para sistemas operativos Windows, macOS e GNU/Linux.

Portada de Aplicacións libres orientadas a empresa - sincronizador de carpetas

FreeFileSync é axeitado para todos aqueles que desexan facer copias de seguridade dos seus ficheiros importantes regularmente. A idea é configurar unha sincronización unha vez e usarla dende ese momento en diante. Isto reduce a carga mental necesaria para facer unha copia de seguridade a un simple clic dun botón do rato.

captura de pantalla da aplicación FreeFileSync

O seu obxectivo principal é acelerar as operacións de copia de seguridade examinando as diferenzas entre as carpetas de orixe e destino, e logo copiar só o que realmente é necesario en lugar de copiar todo cada vez, como fan as ferramentas de clonación/imaxe de disco. Bo manexo de erros: cada operación debe ser comprobada meticulosamente en busca de erros e, no caso de que se detecten erros, devólvese ao usuario a cantidade máxima de información útil. A fiabilidade é clave para unha ferramenta de sincronización de ficheiros.

captura de pantalla sincronizando carpetas

A copia de seguridade non só é necesaria cando ocorre un desastre, senón con frecuencia cando necesitas unha versión anterior dun ficheiro ou documento específico. FreeFileSync axúdache a durmir mellor, sabendo que as versións recentes dos teus ficheiros están a salvo. Non require de coñecementos especiais por parte do usuario.

Pode automatizarse o proceso, creando traballos en lote, é doado ter sempre copias de seguridade dos teus ficheiros importantes nunha segunda localización, sen necesidade de servizos en liña.

sincronización de arquivos

A segunda característica principal é a comparación de carpetas: FreeFileSync pode comparar carpetas e ver exactamente onde está a diferenza. Isto é semellante ao que fan as ferramentas de diferenzas de ficheiros, pero a nivel de carpetas. FreeFileSync publica actualizacións aproximadamente unha vez ao mes e así o fai desde a súa primeira versión.

Vídeo sobre o sincronizador de carpetas

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal