Mancomún
Martes, 28 Xaneiro 2025

Material didáctico sobre IA orientado ás empresas galegas

Vídeo

As empresas galegas contan con novo material didáctico para comprender e impulsar o uso de sistemas de Intelixencia Artificial (IA) en aberto. En base ao convenio de colaboración entre AGASOL e AMTEGA, unha das actuacións que se levaron a cabo foi a elaboración deste material didáctico centrado na importancia de apostar pola IA, os datos, os modelos e o software en aberto.

Este material está orientado tanto para empresas usuarias de IA, como para empresas que desenvolven código relacionado coa IA.

Intelixencia artificial accesible para a túa empresa

O obxectivo principal desta iniciativa é informar ás empresas galegas sobre as vantaxes de optar por sistemas de IA abertos, promovendo a innovación e a colaboración no sector. Así mesmo, búscase aumentar o coñecemento sobre as normativas vixentes en materia de dereitos de autor, licenzas libres e a nova lexislación europea específica sobre IA.

software libre e intelixencia artificial

Para acadar este propósito, desenvolvéronse diversos materiais multimedia e gráficos que cubren aspectos clave como:

  • A regulación dos dereitos de autor no ámbito da IA.
  • O uso de licenzas libres en proxectos de IA.
  • A nova normativa europea sobre Intelixencia Artificial.
  • O papel do software libre no fomento da innovación en IA.
  • Iniciativas destacadas no ámbito do software libre aplicadas á Intelixencia Artificial.
A regulación da IA

Con estas accións, preténdese sensibilizar e capacitar o tecido empresarial galego para que adopte estratexias baseadas na IA aberta, favorecendo o seu desenvolvemento e o avance tecnolóxico na comunidade.

Usa a IA de forma segura

Vídeos

O reproductor dos vídeos conta coa opción para activar os subtítulos para quen os precise, dispoñible no botón de 3 puntos (na parte inferior dereita):

O botón dos 3 puntos, ofrece a opción de descargar o vídeo. Tamén dispón debaixo do vídeo dun botón para poder descargar directamente os subtítulos no seu dispositivo, nun arquivo de formato .vtt

Vídeo orientado para empresas que desenvolven código relacionado coa IA

Descarga dos subtítulos:

Vídeo orientado para empresas usuarias de IA

Descarga dos subtítulos:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal