Luns, 21 Febreiro 2022

Slackware 15

Vídeo

Slackware 15, nova versión dunha das distribucións GNU/Linux con máis recorrido (preto de 30 anos). Slackware é un sistema enfocado sobre todo na estabilidade e o soporte a longo prazo ao redor da filosofía KISS.

Novidades: mecanismo de autenticación de aplicacións PAM, substitución de ConsoleKit2 por elogind, soporte de PipeWire, abandono de Qt4 en favor de Qt5 e multitude de actualizacións.

Conta co kernel Linux 5.15 e coa contorna de escritorio KDE Plasma 5.23.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal