WordPress é un sistema de xestión de contidos ou CMS (siglas en Inglés de Content Management System) enfocado para a creación de sitios web na Internet. Aínda que principalmente se coñece pola súa utilización para a creación de blogs, hoxe en día permite a creación de calquera tipo de sitio web e mesmo portais complexos. Segundo diversos análises está presente en algo máis do 25% dos sitios web na Internet, é dicir, unha de cada catro páxinas que hai na Internet está feita con WordPress. É unha solución de software libre liberada baixo a licenza GPL.
Unha das principais características é a modularidade e capacidade de personalización, grazas á cantidade de plugins e temas dispoñibles, tanto oficiais como desenvoltos pola grande comunidade de deseñadores e desenvolvedores ao seu redor.
Outras das súas potencialidades son o alto grado de actualizacións, vital en termos de seguridade, e a facilidade de uso, contando cun backend moi intuitivo a través do cal se pode manter actualizado o sitio web, personalizalo e engadir novo contido.
WooCommerce: Converte o teu WordPress nunha tenda en liña
Se queres converter a túa páxina web con WordPress nunha tenda en liña, ou queres engadir esta funcionalidade á túa web, o plugin WooCommerce é o teu aliado. Como é de esperar ten unha perfecta integración con WordPress e ofrece todas as funcionalidades necesarias dunha tenda en liña, incluíndo as opcións máis habituais de medios de pago.