Galicia está á cabeza na creación de empresas de software libre

Nos últimos cinco anos constituíronse case 50 empresas que instalan e desenvolven programas de código aberto para a administración e multinacionais tecnolóxicas. Galicia é a comunidade española con maior proporción de empresas desta área, por riba de autonomía moito máis avanzadas en tecnoloxías como Madrid, Cataluña e o País Vasco (segundo revela o III Libro branco do software libre). As empresas creadas contan cunha media de 10 empregados e na súa maioría están constituídas por enxeñeiros en informática. O pasado xoves, varios representantes das principais firmas galegas decidiron en Santiago iniciar os trámites para constituíren a primeira Asociación Galega de Empresas de Software Libre que verá a luz nos próximos meses. Galiza queda en cuarta posición en número de empresas de software libre (44 a final de ano) superada en número por Madrid (117), Cataluña (115) e Andalucía (67). Porén, o uso do software libre é aínda reducido en toda Galicia. O emprego de software libre dáse sobre todo nas empresas de TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) cun 58% de penetración segundo un estudo publicado por Industria, seguido por un 32% en educación en contrapartida das PEMES que hai un 10% segundo este estudo.

 

Ligazón de interese:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2406&pIdSeccion=10&pIdNoticia=108980

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal