Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
GRUVI é o proxecto de voluntariado da Universidade de Vigo que recupera equipos informáticos para doalos con Software Libre a entidades sociais do contorno (asociacións, fundacións, ONG, etc.), a iniciativa conta coa coordinación da OSIX (Oficina de Servizos Integrados á Xuventude) que depende da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes. Faro de Vigo fai unha reportaxe sobre a súa actividade nos campus de Vigo e de Ourense. Nesta iniciativa participan os grupos de usuarios GULO e GALPON.
Neste curso entregáronse 26 equipos completos e 65 monitores equipados que foron parar entre outros colectivos aos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Teis; Down Vigo; Asociación Galega contra o Narcotráfico; o Afibropo, colectivo de fibromialxia e fatiga crónica da provincia de Pontevedra.
