Desenvolvido en C , trátase dun visor de datos SIX. Soporta plugins, entre os cales cabe destacar o de xeorreferenciación de imaxes raster (que vén incluído por defecto coa última versión 0.8.1). Con esta función de xeorreferenciación pódense crear world files para calquera mapa escaneado ou fonte de datos a rexistrar, aplicando unha transformación lineal ou, mellor aínda, unha transformación Helmert bidimensional.É multiplataforma, funciona en Linux, Unix, Mac OSX, e Windows (2000 e XP).
É interesante tamén destacar que dispón dun amplo abano de formatos de lectura, xa que utiliza a coñecida biblioteca Geospatial Data Abstraction Library (GDAL). Ademais tamén debemos destacar que soporta funcións de proxección, a través do uso da librería Open SourceProj4. Dispón a maiores de funcións GPS, como por exemplo a posibilidade de baixar waypoints desde un receptor GPS, importar datos GPS desde outros formatos que non sexan GPX, crear capas GPX e subir capas ao receptor.
A súa licenza é GNU/GPL, e algunha das características son:
- soporte para táboas espaciais de PostGIS
- soporte de shapefiles, ArcInfo coverages, Mapinfo, e outros formatos utilizados por OGR
- soporte de rasterización de novos tipos de datos
- características de identidades
- mostrar atributos das táboas
- escoller as características
- dixitalización para GRASS
- características de etiquetado
Páxina de Quantum GIS: http://www.qgis.org/
Captura de pantalla: Pantallazos