Ajax Animator é un contorno de desenvolvemento integrado para flash de uso sinxelo e para a comunidade. Foi deseñado para o seu uso sen coñecementos previos de desenvolvemento flash ou programación. Despois de moitas tentativas para ter un contorno de desenvolvemento flash de escritorio en GNU/Linux, Ajax Animator aparece da man da web 2.0, permitindo a súa execución dende un navegador web.
Ainda co nome pode dar lugar a confusión non se trata dunha ferramenta para facer animacións javascript senón dunha interface, que empregando [[Ajax]], permite ter un contorno de edición de flash. Facendo uso dunha interface web é posible crear animacións swf sen ter instalar ningún outro requerimento agás un navegador. Polo momento só traballa en navegadores gecko ainda que se está a traballar para que funcione en MS internet explorer.
Conta con funcionalidades limitadas pero en
constante desenvolvemento e o obxectivo do proxecto é proporcionar unha alternativa ao contorno de Adobe accesible por todo o mundo dende calquera plataforma.
Ajax animator está dispoñible dende
google code. Existe unha
versión en liña para probar as funcionalidades da ferramenta sen necesidade de ter que instalar a aplicación.