A empresa coruñesa Igalia acaba de incorporarse ao consello asesor da Fundación Gnome. Este organismo é o medio polo cal as empresas de Software Libre manteñen comunicación coa fundación que se encarga de orientar o desenvolvemento de Gnome e intégrano empresas coma Intel, HP, Novell, Red Hat ou IBM. Recoñécese así o labor dentro da comunidade de Igalia especialmente na automatización da xeración de paquetes e no proceso de probas do software.
Igalia incorpórase ao consello asesor de Gnome
