Mancomún

Iniciativa para a creación dunha asociación de empresas de Software Libre galegas

Desde o blog de Javier Vázquez da empresa Igalia dáse a coñecer unha iniciativa para crear unha asociación de empresas de Software Libre galega que se integraría nunha plataforma estatal. A xuntanza informativa está prevista para o mércores 23 de maio a partires das 17:30, na sala de reunións da ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñería), no campus sur da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxetivo concreto da mesma é avaliar directamente cos interesados a formación dunha asociación empresarial específica en torno ao Software Libre, para designar unha comisión responsable da formación da mesma, así como definir os mecanismos de comunicación e primeiros pasos a levar a cabo.

Para coñecer a iniciativa da federación estatal, así como coñecer as motivacións e experiencias doutras asociacións xa existentes, teremos como convidado a Daniel Armendáriz -Presidente de ESLE, a asociación de empresas vascas de Software Libre-.

A orde do día inclúe:

  • Presentación das motivacións e obxectivos da existencia dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
  • Presentación da experiencia de ESLE no País Vasco.
  • Elección da comisión encarregada de formar a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal