Mancomún

Intel engadirá soporte para GNU/Linux na súa plataforma para ultraportátiles

A multinacional anunciou que engadirá soporte GNU/Linux nos seus chips McCaslin, a nova versión da súa plataforma de ultraportátiles para PC de reducido tamaño e dispositivos de man. Intel espera telo no mercado no 2008.
 
Intel tamén anunciou que está considerando GNU/Linux como unha alternativa nos sistemas operativos para os pequenos computadores, especialmente para un tipo de dispositivo que a firma denomina Mobile Internet Devices. As dúas primeiras compañías de GNU/Linux que se uniron a esta iniciativa son Canonical, distribuidor de Ubuntu, así como a china Red Flag Linux Software

McCaslin está baseado no procesador de baixo consumo, que recibe o nome en código Steeley, e un chipset que inclúe un procesador gráfico integrado. Segundo apuntou Anand Chandrasekher, vicepresidente sénior e director xeral do grupo Ultra Mobility de Intel, este anuncio é só o principio dunha serie de novas propostas que a compañía ten previsto lanzar ao mercado.

Así, durante a primeira metade de 2008, Intel lanzará o sucesor de McCaslin, chamado Menlow e baseado no procesador de baixo consumo de 45 nanómetros, coñecido como Silverthorne, e o novo chipset Poulsbo. A diferencia entre os dous chipsets utilizados con McCaslin, Poulsbo é un único chip que reduce o consumo enerxético e ocupa menos espazo, aspectos clave para os computadores portátiles.

Noticia vista na páxina de Amigus, asociación informática de As Pontes:
http://www.amigus.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal