KeePass, un programa de xestión de contrasinais, xa está
dispoñible en galego na súa versión de MS-Windows grazas ao traballo de
Amieiro e na de GNU/Linux (chamada
KeePassx ) a tradución correu a cargo de Daniel Muñiz. Esta útil ferramenta libre garda os distintos contrasinais das túas múltiples contas de correo, de páxinas web… A tradución está dispoñible para
MS-Windows e GNU/Linux, Mac, PalmOS, Pocket PC, Smart Devices e U3P. Para a instalación do programa, salvo na versión de Windows, debes
descargar a aplicación e o
paquete de idioma correspondente.
As garantías de seguridade de KeePass son as máximas xa que a base de datos está encriptada empregando os mellores e máis seguros algoritmos de encriptación coñecidos hoxe en día (AES e Twofish). O proxecto está integrado ademais na Forxa de Mancomun.org.