O Partido Socialista de Euskadi presentou unha proposición non de lei no Parlamento Vasco para que se imparta o ensino de Software Libre de xeito paralelo á formación en software propietario. Idoia Mendia, parlamentaria que presentou a proposta afirmou que é necesario traballar dende a escola con programas de código aberto e xustificou a formación en software propietario en que estes programas na actualidade son os máis populares e resulta necesario seguir ensinando o seu manexo.
Os tres partidos do goberno vasco amósanse de acordo coa iniciativa con matices. As proposicións que queren introducir PNV, EA e Ezker Batua son:
- Demora da aplicación de esta proposición deica o vindeiro ano.
- O Software Libre debe estar adaptado ás necesidades docentes nos centros educativos.
- Estender a aplicación ao profesorado.
- Creación dun repositorio público orientado á docencia.
No texto que probablemente sexa aprobado recóllense os puntos anteriores e a necesidade de que estas aplicacións se vexan libres de problemas de licenzas.