Os ordenadores dos 400 empregados e 130 oficinas de Caja de Guadalajara funcionarán dentro duns meses somentes con Software Libre. O cambio supuxo un aforro entre 900.000 e un millón de euros segundo a consultora Entel, que colaborou na transición cara GNU/Linux da caixa. O proxecto foi presentado esta mañá na terceira Conferencia Internacional de Software Libre que se está celebrando en Badajoz.
A entidade afirma ser a primeira de España en realizar esta aposta polo Software Libre…
A transición cara GNU/Linux estase probando agora con un proxecto piloto que se prevé estender progresivamente a todas as oficinas, hasta completalo en maio, cando o sistema completo entrará en produción. Entón, todo o que os usuarios encontrarán no seu escritorio será Software Libre: usarán o navegador [[Firefox]], o xestor de correo electrónico [[Thunderbird]], etc. Ademais a distribución de GNU/Linux que usarán será [[Ubuntu]].
Pablo Ruiz, responsable de Software Libre en Entel, explica que o cambio dende o software propietario ao Software Libre foi moi gradual. Na decisión de cambio influíu decisivamente o feito de que a Caja de Guadalajara utilizaba [[Windows NT]], unha versión bastante antiga do sistema operativo de Microsoft para a que xa non existe soporte técnico oficial.
O salto a outro sistema operativo era necesario e a parte do aforro que según Entel supuxo, outras razóns levaron a entidade a elixir Software Libre. Tanto Pablo Ruiz como Andrés Seco, responsable de sistemas de Caja Guadalajara coinciden en sinalar que un dos obxectivos era lograr a independencia respecto ao provedor de sistemas informáticos…
Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal en:
http://www.elpais.com