Acaba de publicarse MonoDevelop 0.12, o principal IDE de [[GNOME]] para o desenvolvemento de aplicacións para C# e outras linguaxes .NET.
Esta versión inclúe moitas melloras, novas características e parches.
A continuación preséntase un resumo das mesmas:
- Mellor autocompletamento do código e melloras no editor de texto
- Novo menú “Abrir con…”, que permite abrir un ficheiro do proxecto cunha aplicación externa a MonoDevelop
- Novo plugin autotools: permite crear scripts autotools para automatizar a creación dos comandos ‘make install’, ‘make uninstall’, ‘make clean’, ‘make dist’, e ‘make distcheck’ no teu proxecto.
- Melloras ao xestor de plugins, que permitirá activar e desactivar un plugin dado
- Soporte para múltiples encodings de texto (aparte de UTF8, por defecto)
- Soporte parcial de ASP.NET (gracias ao proxecto esponsorizado por Google Summer Of Code)
- Novas características no deseñador de interfaces GTK
- Novos editores de menús e barras de ferramentas
- Melloras no xestor de iconas
- Nova barra de ferramentas para os widgets
- Decenas de erros corrixidos e novas traducións
Para ver a lista completa de melloras ou descargar MonoDevelop, visita a Wiki do proxecto
