Mancomún

Lanzamento de Warzone 2.0.10

Warzone 2100 é un xogo de estratexia 3D en tempo real, o seu código fonte foi liberado en decembro de 2004. Esta versión de Warzone 2100 foi feita con [[SDL]], [[OpenGL]], [[OpenAL]], e outras ferramentas. Pode executarse en diferentes plataformas entre as cales están Windows, GNU/Linux e [[BSD]], incluso se pode xogar en rede a pesar de estar en diferentes sistemas operativos.

A compañía desenvolvedora pechou e os propietarios do copyright do xogo, Eidos Interactive, pasaron o motor do xogo a [[GNU]]. Os seguidores desta saga crearon esta versión que che ofrece o mesmo divertimento do xogo orixinal, xa que a súa natureza segue sendo a mesma, aínda que  con algúns cambios estéticos, sobre todo.

 

Ao instalalo hai dúas versións. Por unha banda a orixinal, sen apenas cambios e coa simple compatibilidade para sistemas operativos actuais, e polo outro, unha versión mellorada con efectos visuais avanzados. 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal