En SourceForge.net publican mensualmente o proxecto máis destacado. No mes de decembro o gañador foi o proxecto Firebird.
Firebird é un sistema relacional de bases de datos multiplataforma que ofrece moitas das características do ANSI SQL . Ten un alto rendemento, escala eficientemente desde un contorno para un usuario ata un contorno empresarial de máis de 1.000 cliente. Ademais conta cun grande soporte para linguaxe de procedementos almacenados e triggers. Firebird distribúese baixo unha licenza Mozilla Public License v.1.0…
Máis información nas páxinas do proxecto:
http://firebirdsql.org/
http://sourceforge.net/projects/firebird