IBM anunciou que o popular software de traballo colaborativo e correo electrónico Lotus Notes estará dispoñible para GNU/Linux a partir do 24 de Xullo. O cliente Lotus Notes estará dispoñible inicialmente para Red Hat Enterprise Linux 4 Update 3 e máis tarde tamén para SuSE Enterprise Linux Desktop 10. Os usuarios dunha versión de Lotus Notes para Windows ou Macintosh poderán cambiar sen custo á versión GNU/Linux.
Segundo IBM, esta versión de Notes está baseada no framework de Eclipse (Open source), ao igual que a nova versión, coñecida como Hannover, esperada para o próximo ano e que incluirá soporte para o formato OpenDocument.