Manexar imaxes de CD/DVD con KDE: AcetoneISO

Manexar imaxes de CD/DVD con KDE: AcetoneISO
acetoneiso
 
AcetoneISO é un programa para a contorna de escritorio [[KDE]] que permite o manexo de imaxes de CD/DVD. A última versión é a 6.5.1 a cal ten unha nova e mellorada interface gráfica que nos permitirá levar a cabo as seguintes tarefas:

  1. Montar e desmontar imaxes ISO e MDF (conforme ao estándar iso-9660)
  2. Converter imaxes BIN/CUE, MDF, NRG, CCD/IMG, CDI, XBOX, B5I/BWI, PDI a ISO
  3. Gravar imaxes ISO, CUE, TOC directamente usando o K3b
  4. Borrar CD/DVD regravables
  5. Verificar ou xerar a suma md5 dunha imaxe
  6. Crear a imaxe ISO de cartafois e CD/DVD
  7. Reproducir unha ISO dun DVD dunha película con Kaffeine, Mplayer, VLC, Kmplayer
  8. Partir imaxes ISO en ficheiros máis pequenos e volvelos a xuntar.
  9. Encriptar e desencriptar unha imaxe ISO.
  10. ….

Esta aplicación necesita ter instalado no sistema os seguintes paquetes: kommander e p7zip

Na web KDE-Apps.org tamén recomendan que antes de instalar o programa deberemos borrar “mdf2iso”, “nrg2iso” e “bchunk” si se instalaron dos repositorios.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal