Manual para instalar Guadalinex Mini 2004 en "cafeteiras"

MIguel Bouzada acaba de publicar un manual para instalación e configuración de Guadalinex Mini 2004 para “cafeteiras” (computadores do século pasado).

É un excelente documento non soamente pola súa extensión e detalle, ademais de estar completamente documentado con capturas de pantalla para facilitar o seguimento do proceso, senón porque percorre todos os aspectos necesarios para ter un ordenador operativo para a utilización tradicional.

Dende unha configuración básica do escritorio, actualización do sistema operativo, instalación de impresoras ata temas máis avanzados como a montaxe dunha plataforma LAMP, das aplicacións de xestión Facturalux, Galopín e a de xestión de bibliotecas OpenBiblio. Ah e todo iso tanto en galego como en castelán

En definitiva un luxo de HOWTO, polo que estamos moi agradecidos a Miguel e que tamén será moi útil aos proxectos que como o de reciclaxe de ordenadores co que colabora GALPon na Universidade de Vigo (proxecto GRUVI), traten de recuperar os ordenadores máis antigos para seguir dándolle algún tempo máis de utilidade.

O podedes atopar na sección de COMOs da web de GALPon, concretamente aquí:
http://www.galpon.org/modules/sections/index.php?op=viewarticle&artid=17

Se queredes meneala historia:
http://meneame.net/story/recuperar-ordenadores-obsoletos-guadalinex-mini-2004

(Nova orixinal de Mentor)

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal