Mergeant, gestión de bases de datos en GNOME

Mergeant é un frontal para administradores de bases de datos e desenvolvedores de aplicacións de bases de datos. Mergeant ten como obxectivo facilitar a xestión de bases de datos a partir dunha interface gráfica sinxela.

O seu funcionamento é mediante un sistema de compoñentes (plugins), que permite manexar bases de datos MySQL, Postgres, SQLite, … (ver táboa de base de datos soportadas).

Mergeant é un compoñente de GNOME-DB que emprega as bibliotecas Libgda e Libgnomedb e a xestión das fontes de datos faise a través de ambas bibliotecas.

Calquera programa que utilice ditas bibliotecas beneficiarase das mesmas facilidades respecto de fontes de datos (glade, abiword, glom). As fontes de datos son configuradas no rexistro de GConf, e almacenadas no arquivo .libgda/config.xml no directorio home de cada usuario.

Características:

  • Permite modificar e facer consultas de selección sobre táboas.

  • Permite conexións a calquera base de datos baseadas na biblioteca Libgda.

  • Permite abrir varias conexións simultaneamente.

  • Utiliza o concepto de espazos de traballo, onde un espazo de traballo é unha fiestra onde se manipulan os datos que corresponden a unha conexión.

  • Extrae un dicionario de todos os obxectos estruturais presentes na base de datos (a primeira vez que se establece a conexión), e almacénao nun ficheiro para a próxima vez que se utiliza a conexión.

  • Sincroniza o dicionario coa estrutura real da base de datos.

http://www.mancomun.org/images/stories/mergeant-pantallazo.png

Pantallazo de mergeant en funcionamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal