A Amtega convoca máis de 300 prazas para as probas da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

Luns, 19 Outubro 2020
  • Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
  • Os exames presenciais celebraranse os días 11, 12 e 13 de novembro nas aulas CeMIT de 37 concellos de toda Galicia
  • Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca un total de 342 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

O prazo de inscrición para estas probas comeza mañá e remata o mércores 21 de outubro e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

As probas presenciais celebraranse os días 11, 12 e 13 de novembro en diversas quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 37 concellos, que suman un total de 342 prazas dispoñibles:

Abegondo, Ames, Betanzos, Boiro, Brión, A Coruña, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Barreiros, Carballedo, Guitiríz, Lugo, Ribadeo e O Vicedo na provincia de Lugo; Bande, O Barco, Castro Caldelas, Celanova e Leiro na provincia de Ourense; e A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Tomiño, Valga e Vigo na provincia de Pontevedra.

Entre as persoas inscritas provisionalmente realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo

Máis de 1.500 prazas programadas para o ano 2021

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2020, que terá a súa continuación no vindeiro ano con novas convocatorias de dous cursos de teleformación titorizada con exame final e dúas convocatorias de probas presenciais na modalidade autoformativa.

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 9.000 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.650 en cursos de teleformación titorizada e 6.392 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 3.800 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.

Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 11, 12 e 13 de novembro de acordo co seguinte calendario:

LOCALIDADE PROVINCIA DÍA HORA Nº PRAZAS
Abegondo A Coruña Mércores, 11 de novembro 10:00 10
Ames A Coruña Mércores, 11 de novembro 10:00 9
Betanzos A Coruña Mércores, 11 de novembro 10:00 10
A Coruña – Eirís A Coruña Mércores, 11 de novembro 10:00 8
Porto do Son A Coruña Mércores, 11 de novembro 10:00 7
Santiago de Compostela A Coruña Mércores, 11 de novembro 10:00 9
Vimianzo A Coruña Mércores, 11 de novembro 10:00 10
Guitiríz Lugo Mércores, 11 de novembro 10:00 14
Lugo Lugo Mércores, 11 de novembro 10:00 8
Lalín Pontevedra Mércores, 11 de novembro 10:00 12
Pontevedra Pontevedra Mércores, 11 de novembro 10:00 12
Tomiño Pontevedra Mércores, 11 de novembro 10:00 9
Vigo Pontevedra Mércores, 11 de novembro 10:00 6

 

LOCALIDADE PROVINCIA DÍA HORA Nº PRAZAS
Fisterra A Coruña Xoves, 12 de novembro 10:00 5
Pontedeume A Coruña Xoves, 12 de novembro 10:00 8
Ribadeo Lugo Xoves, 12 de novembro 10:00 5
Bande Ourense Xoves, 12 de novembro 10:00 6
O Barco Ourense Xoves, 12 de novembro 10:00 6
Moaña Pontevedra Xoves, 12 de novembro 10:00 7

 

LOCALIDADE PROVINCIA DÍA HORA Nº PRAZAS
Betanzos A Coruña Xoves, 12 de novembro 16:00 10
A Coruña – Eirís A Coruña Xoves, 12 de novembro 16:00 8
Pontedeume A Coruña Xoves, 12 de novembro 16:00 8
Santa Comba A Coruña Xoves, 12 de novembro 16:00 12
Vicedo, O Lugo Xoves, 12 de novembro 16:00 4
Castro Caldelas Ourense Xoves, 12 de novembro 16:00 8
Leiro Ourense Xoves, 12 de novembro 16:00 3
A Cañiza Pontevedra Xoves, 12 de novembro 16:00 16
Cuntis Pontevedra Xoves, 12 de novembro 16:00 8
Moaña Pontevedra Xoves, 12 de novembro 16:00 7

 

LOCALIDADE PROVINCIA DÍA HORA Nº PRAZAS
Ames A Coruña Venres, 13 de novembro 10:00 8
Boiro A Coruña Venres, 13 de novembro 10:00 6
Brión A Coruña Venres, 13 de novembro 10:00 6
Oroso A Coruña Venres, 13 de novembro 10:00 10
Ortigueira A Coruña Venres, 13 de novembro 10:00 4
Ribeira A Coruña Venres, 13 de novembro 10:00 8
Barreiros Lugo Venres, 13 de novembro 10:00 6
Carballedo Lugo Venres, 13 de novembro 10:00 3
Celanova Ourense Venres, 13 de novembro 10:00 9
Marín Pontevedra Venres, 13 de novembro 10:00 8
Tomiño Pontevedra Venres, 13 de novembro 10:00 9
Poio Pontevedra Venres, 13 de novembro 10:00 5
Valga Pontevedra Venres, 13 de novembro 10:00 6
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal