Code_swarm é unha representación gráfica con forma orgánica que, aplicada ao eido do Software Libre, mostra a súa evolución, na forma na que interactúan os desenvolvedores a través da colaboración e da comunicación.
A aplicación baséase nunha linguaxe denominada Processing, totalmente aberta e que permite crear mundos de animación con imaxes e mesmo con carácter interactivo.
A visualización mostra a historia de diferentes fitos en proxectos de software. Considérase a incorporación dun fito cando un desenvolovedor modifica o código ou a súa documentación e o transfire ao repositorio central do proxecto. Tanto os desenvolvedores como os arquivos son representados como elementos en movemento. Cando un desenvolvedor modifica un arquivo, este ilumínase e desprázase cara ao desenvolvedor. Os arquivos son coloreados de acordo ao seu propósito, diferenciando se se trata de código aberto ou documentación específica. Un histograma ao pé da imaxe mantén a orde cronolóxica dos acontecementos.
Na imaxe adxunta móstrase unha captura do resultado dos vídeos, feito, concretamente, coproxecto Eclipse.
O programa foi creado por Michael Ogawa e está dispoñible tanto para Mac VOS X, como para GNU/Linux, e Windows.
