A Oficina de Software Libre da UDC infórmanos:
O sábado 9 de maio celébrase o 14ª edición do Día da Ciencia na rúa no Parque de Santa Margarita, dende ás 11 da mañá ata as 7 da tarde. A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña estará presente no evento, promocionado, informando e difundindo o software libre entre os asistentes.
A OSL ten programado levar varios equipos informáticos cos que se asesorará a calquera persoa que mostre interese no software libre. Faranse demostracións de uso, configuración e instalación de aplicacións e de sistemas operativos libres, entre os que se destacará Galinux, do cal se repartirán CDs e trípticos entre os visitantes ao longo do día…
Tamén se dá a posibilidade de que a xente traia o seu portátil para así proceder a instalación dun sistema operativo libre e a súa posterior configuración e introdución ao seu uso.
No evento participarán ademais arredor de 1000 estudantes e profesores de 26 centros educativos, facendo diversas actividades repartidas en 34 tendas de campaña e espazos de ocio instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias.
Tamén recordar que este día os Museos Científicos Coruñeses terán xornada de portas abertas e un autobús urbano percorrerá a cidade animando os coruñeses a pasarse polo parque e gozar coas actividades, e como non, co software libre.
