Mancomún

A próxima Ubuntu incluirá un ficheiro encriptado por defecto

Venres, 11 Xullo 2008

ubuntuA próxima versión de Ubuntu, prevista para o mes de outubro, traerá interesantes novidades.

“Intrepid Ibex” incluirá como principais novidades:

1. Novo Tema. Algúns dos deseños previstos poden ser vistos nesta ligazón.

2. Directorio Privado Encriptado. Baixo o nome de “Private” e onde se encriptarán automaticamente os seus contidos.

3. Mellor Soporte Flash

4. Melloras no instalador LiveCD, que probablemente inclúa un paseo introdutorio polas características de Ubuntu mentres se procede á instalación do sistema.

5. Creador de LiveUSB, personalizado e que permitirá levar a nosa instalación de Ubuntu no peto, preservando os seus contidos.

Fonte: Vivalinux

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal