Mancomún

A Rede de Dinamización organiza un curso sobre GIMP en Boiro

Mércores, 22 Abril 2009

GimpA Rede de Dinamización organiza o vindeiro mes de maio no Concello de Boiro un obradoiro de “Retoque fotográfico co Gimp”.

Este obradoiro busca acadar que os asistentes sexan capaces, ao remate do programa formativo, de retocar imaxes dixitais empregando o programa libre GIMP, a través da familiarización do usuario coa interface da ferramenta.

Este obradoiro terá unha duración de oito horas, que se materializarán desde o 26 ao 29 do mes en horario de 11 a 13 horas.
Curso sobre follas de cálculo con Calc

Así mesmo, estes días estase a impartir tamén no concello un curso sobre follas de cálculo co aplicativo Calc da suite ofimática libre, OpenOffice.org. As persoas que están a participar deste curso concluirán as sesións sabendo realizar operacións básicas de edición e de formulación de operacións, gráficos e funcións.

OpenOffice.org en galego

Os asistentes ao curso poderán, así como o resto da sociedade galega, poderán empregar dende hoxe a nova versión da suite ofimática OpenOffice.org 3.01 [*], publicada esta mañá e para a que xa está dispoñíbel a súa tradución ao galego grazas ao traballo de coordinación realizado por Mancomún.

Fonte: Rede de Dinamización

* Recoméndase a instalación da versión 3.0 e posterior actualización a 3.01.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal