
A
Universidade da Coruña vén de corrixir unha
convocatoria de emprego público pola cal esixe aos opositores capacidade de manexo do paquete OpenOffice.org nos seus programas de procesador de textos e xestor de follas de cálculo. Anteriormente pedíaselle aos aspirantes coñecementos de Microsoft Word 2003 e Microsoft Excel 2003 pero, trala declaración do Consello de Goberno da Universidade da Coruña a prol do Software Libre, esta institución decidiuse a efectuar o cambio.
O documento está asinado por Manuel Galdo Pérez, xerente da Universidade da Coruña, con data de 11 de xaneiro de 2007.