Mancomún

A versión 2.0 de SpagoBI xa é unha realidade

Martes, 21 Abril 2009
SpagoBI é unha plataforma de intelixencia comercial (Business Intelligence) de código aberto que responde a todas as esixencias analíticas, integra as mellores solucións de código abierto e comerciais e desenvolve tamén uns motores orixinais.

A nova versión 2.0 de SpagoBi ofrécelles aos usuarios de toma de decisións ferramentas de análise de uso intuitivo, que aproveita de forma efectiva tanto en modo resumo como no exame detallado.

SpagoBi é a única plataforma de Intelixencia empresarial que é enteira e exclusivamente de codigo aberto. SpagoBI 2.0 atópase actualmente en posición de satisfacer os requirimentos que antes só parecían posíbeis con produtos propietarios.
SpagoBi é unha solución punteira no contexto internacional de plataformas de intelixencia comercial de código libre, e debe parte do seu éxito aos métodos de deseño elixido por Engineering, métodos que se basean na flexibilidade e innovación como pedras angulares do desenvolvemento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal