Mancomún

Jolicloud, unha alternativa para miniportátiles

Luns, 20 Abril 2009

JolicloudTariq Krim, creador de Netvibes, está a traballar no seu último proxecto, que pretende revolucionar o sector dos miniportátiles. O Jolicloud é un sistema operativo desenvolvido a partir do núcleo de Linux e está pensado para portátiles ultralixeiros de baixo custo. A aparencia e as ferramentas que compoñen este sistema operativo queren rachar coa pouca funcionalidade que teñen ata agora os miniportatiles. Jolicloud terá un navegador propio baseado en Firefox, capacidade para pantallas táctiles, integración a un clic cos aplicativos de Internet e un deseño minimalista por iconas que recordan ao iPhone. A beta estará dispoñíbel en xullo.
Según Krim, hoxe en día un bo programa debe integrarse en dous paradigmas: o software libre e Internet. Por iso os aplicativos deste sistema operativo están centrados en interactuar con Internet. Tanto é así que, parece ser, que o Jolicloud utilizará e almacenará a maioría dos seus datos de forma online.

O obxectivo do Jolicloud e dotar aos miniportatiles de software moi intuitivo, que non pregunte continuamente por verificacións de seguridade, ou que obrigue a desplazarse a cartafoles recónditos. Pretende facerlle fronte ás adversidades dun miniportátil (pantalla pequena, tegras diminutas, capacidades limitadas de memoria, velocidade e batería), e conseguir así unha ferramenta de altas prestacións a prezo reducido.

Outra novidade será o seu modelo de distribución, xa que Jolicloud se poderá descargar dende Internet, polo cal os fabricantes de miniportátiles poderán reducir os custos das licenzas e producir mellores equipos.

A pesar das vantaxes aquí expostas, o Jolicloud, non o terá sinxelo, xa que outras tres iniciativas compiten, por desenvolver un sistema operativo similar: Intel, con Moblin; MSI, con Winki, e a compañía Good OS con Cloud.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal