Mancomún

Unha serie de obradoiros promocionarán o proxecto Trisquel entre a comunidade galega

Luns, 20 Abril 2009

Seguindo o traballo iniciado en Flisol 2009 Ecuador, os desenvolvedores do proxecto Trisquel GNU/Linux impartirán durante esta segunda quincena do mes de abril unha serie de conferencias e obradoiros para a promoción do seu sistema operativo, Trisquel.

Estas sesións iniciaranse esta tarde no marco do programa da novena edición das Xornadas sobre Software Libre, organizadas por GPUL, continuando, posteriormente, os días 24 e 25 de abril da man da Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) no marcos das IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

Para completar estas actividades, o equipo de desenvolvemento de Trisquel GNU/Linux participará o día 29 deste mes nunha conferencia en Santiago de Compostela, ofrecendo unha breve introdución a Trisquel Mini -a nova edición lixeira deste sistema operativo libre- coa que dará paso ao relator Richard M. Stallman, iniciador do movemento polo Software Libre e o sistema operativo GNU, padriño do proxecto Trisquel, e presidente da Free Software Foundation.

A conferencia será na Facultade de Filosofía de Santiago, ás 10:30 horas, e leva por título "Que é o Software Libre?"
Programa detallado:

Fonte: Trisquel GNU/Linux

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal