Mancomún

Aberto o período de preinscrición no Máster Universitario en Consultoría de Software Libre

Mércores, 2 Xullo 2008

master

Dende o 1 de xullo ata o vindeiro 14 de agosto permanece aberto o prazo de preinscrición no Máster Universitario en Consultoría de Software Libre pola Universidade de Vigo.

Este máster desenvolverase ao longo do curso 2008-2009 na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense e incluirá até un total de 30 prazas. A parte teórica do curso poderá completarse con prácticas opcionais en empresas.

O máster está dirixido a titulados do sistema universitario español, preferentemente Enxeñeiros en Informática, Enxeñeiros Técnicos en Informática de Xestión e Enxeñeiros Técnicos en Informática de Sistemas. Para os titulados universitarios de países estranxeiros será preciso un título equivalente ou homologable aos anteriores.
Ademáis, terán acceso a estes estudos os alumnos das titulacións de Enxeñeiro Informático, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas ou os Enxeñeiro de Telecomunicacións que cursen polo menos 180 créditos de primeiro ciclo, sempre que estean comprendidos nestes 180 créditos o conxunto de materias troncais e obrigatorias.

Os contidos do curso distribuiranse en catro módulos:

I – Tecnoloxías e frameworks de desenvolvemento de software libre    

II – Ferramentas de software libre para intelixencia de negocio

III – Administración e Dirección das TIC

IV – Seguridade e lexislación

Preinscrición online: https://matricula.uvigo.es/

 Máis información

logo

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal