Mancomún

Agasol e a DXPISI formarán a desenvolvedores en TYPO3

Xoves, 6 Marzo 2008

Agasol e a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información poñen en marcha unha experiencia piloto para formar desenvolvedores de portais web en TYPO3.

http://www.mancomun.org/images/stories/logo-typo3.gifA plataforma TYPO3, que permite crear contidos dun xeito sinxelo, é a elexida pola DXPISI da Consellería de Innovación e Industria para os seus proxectos web.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) xestionará xunto a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria un proxecto piloto para formar traballadores de empresas de software galegas que desexen especializarse na ferramenta TYPO3, aplicación libre que permite crear contidos para páxinas web dun xeito sinxelo e que pode modificarse en función das necesidades precisas de cada proxecto que se acometa.

TYPO3 é unha ferramenta de xestión de contidos moi completa, que permite realizar sitios web con estrutura multinivel, motor de búsquedas, xestión de autoría, mecanismo de xestión de plantillas para maquetación, persoalización de páxinas según a identidade do usuario. Ã? unha ferramenta enteiramente extensible por módulos tanto de xestión no interface de administración â?? xestión básica MySQL e xestión de servidor LDAP â?? ou módulos orientados a usuarios incluídos no sitio: enquisas, foros, calendario, novas, búsquedas, … o elevado número de módulos existentes fai desta ferramenta unha das máis importantes na súa categoría. TYPO3 está implantado en máis de 120.000 servidores por todo o mundo. Esta traducido en 43 linguas, incluída o galego, e está en constante desenvolvemento por unha comunidade de máis de 20.000 profesionais liderados por Kasper SkÃ¥rhøj.

A Consellería de Innovación e Industria elixiu esta plataforma para os seus proxectos web e vén de contactar a través de Agasol cunha serie de empresas galegas que xa tiñan experiencia no emprego de TYPO3 para ofrecerlles a posibilidade de participar nesta experiencia formativa que terá lugar do 10 ao 18 de marzo coa impartición de sendos cursos especializados de trinta horas en Santiago de Compostela e Vigo.

Tanto Agasol como a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información teñen a previsión de darlle continuidade á formación de profesionais especializados en TYPO3 a partir das experiencias que se susciten neste proxecto piloto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal