Mancomún

Andalucía renova fondos para manter actualizadas GECOS e Guadalinex

Martes, 14 Xuño 2016

O goberno autonómico de Andalucía continuará a financiar o desenvolvemento de GECOS e Guadalinex, dous dos principais proxectos de software libre da rexión.

Así, segundo recollen no portal europeo JoinUp, o pasado 28 de abril, concedeu un ano de contrato por valor de 70.000€ a Solutia, un provedor de servizos de TIC español para desempeñar esta acción de mantemento evolutivo de GECOS (Guadalinex Escritorio COrporativo eStandar). O goberno ten planificadas novas características e melloras que serán compartidas publicamente no proxecto.
"Este investimento pode beneficiar non só a nosa propia organización pública, é unha contribución a todo quen usa ou implanta estas solucións", comenta Juan Conde, xefe do proxecto de promoción de software libre da Consellería de Facenda e Administración Pública na Junta de Andalucía.

O paquete de software GECOS facilita o traballo de xestión das estacións de traballo, ofrecendo:

  • Ferramentas para inventario e seguimento de hardware PC
  • Xestión centralizada
  • Estandarización da contorna de escritorio
  • Solución de escalabilidade

GECOS reduce os custos de mantemento, reduce o custo de licenzas de software, e aumenta a vida útil de estacións de traballo PC. "Por experiencia, sabemos que o apoio de xestión de TI é crítica", dixo o xefe do equipo de software libre de Andalucía. "GECOS é doado de aplicar e fácil de usar".

O 2 de xuño, Conde deu de improviso unha presentación na OpenExpo 2016 en Madrid. GECOS (Guadalinex escritorio corporativo estándar) é a suite de xestión de escritorio corporativo estándar de Andalucía. O número de departamentos TI nesta rexión que están a usar GECOS crece gradualmente. "O equipo GECOS está concentrando na subministración de asesoramento tecnolóxico para os recentemente chegados, axudándoos coas súas implantacións e probas", dixo.

Andalucía publicou GECOS baixo a licenza EUPL. Dende o inicio deste ano, o desenvolvemento do código está aloxado GitHub.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal