Mañá venres, celébrase na Cidade da Cultura a xornada ColaboraTIC.gal

Xoves, 16 Xuño 2016

Mañá venres, celebrarase na Cidade da Cultura a xornada ColaboraTIC.gal, organizada pola Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Logo da xornada

Na sesión da mañá, que está orientada á presentación de boas prácticas para a colaboración entre o software libre e o tecido empresarial, terán lugar varias mesas nas que poderemos ver casos de éxito de moitos tipos.
Así, para comezar teremos varios casos de éxito de implantación de software libre en diferentes empresas, relacionados co mundo das grandes distribuidoras, turismo e patrimonio e mesmo xestión aérea.

A continuación pasarase a un enfoque máis social, comezando pola cultura do cooperativismo e participación cidadá, donde o Software Libre ten un encaixe natural pola súa filosofía.

Despois da pausa para o café tocaralle aos modelos, empezando polos de financiamento, onde veremos exemplos de crowfunding en Galicia onde coñeceremos a plataforma goteo.org e veremos o exemplo de Eiro, un robot feito con hardware e software libre.

Xa para finalizar a mañá, falarase de asociacionismo e software libre, con tres exemplos de comunidades aquí en Galicia, un entre empresas, outro relacionado sobre tecnoloxías de información xeográfica e outro arredor dun produto de software libre.

Para rematar o evento, na xornada de tarde terá lugar o innovador encontro de speed-dating entre empresas provedoras de tecnoloxía con software libre e demandantes da mesma, no que participarán todas as empresas seleccionadas entre as que enviaron as súas candidaturas.

Pódese consultar o programa máis en detalle na web do evento. Lembramos tamén que a asistencia á xornada é totalmente gratuíta, previa inscrición, ata completar aforo. A través da páxina do evento podes comprobar se aínda estás a tempo de asistir.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal