EIRO o robot galego acada o seu obxectivo de financiamento

Xoves, 16 Xuño 2016

Acaba a rolda de financiamento crowdfounding de EIRO o robot galego Open Source para robótica educativa.
O proxecto EIRO está a cerrar a súa rolda de financiamento en Goteo superando en 7 puntos o obxectivo principal da campaña. O proxecto foi amplamente soportado pola comunidade de pequenos crowfunders pero tamén recibiu relevantes achegas individuais. Os responsables do proxecto quixeron “agradecer a todos os financeiros que creron neste proxecto, logo que grazas a eles o noso ‎Robot EIRO converteuse nunha realidade”.

Xa comentabamos aquí o pasado mes a iniciativa da empresa compostelá Neukos Robotics de abrir esta campaña na plataforma de crowdfunding Goteo para apoiar a creación dun kit de robótica educativa.

O proxecto EIRO, comentabamos, ten unha forte vocación didáctica e preséntase coma un kit de montaxe educativo baseado na idea de que "a construción dun robot constitúe un estímulo tanto para nenos como adultos, fomentando o interese polas ciencias".

As colaboras destes crowdfounders serán recompensadas polos autores de EIRO en relación ás achegas con diferentes xestos dende agradecementos persoais ate a entrega de paquetes completos de EIRO kits que incluén os diferentes compoñentes electrónicos, os deseños de modelado para impresión 3D, guías de desenvolvemento entre moitos outros xestos de agradecemento por parte de Neukos.

Asistencia de EIRO e Neukos no ColaboraTIC.gal

Mercè Moreno Tarrés, de goteo.org e Marcos Alonso, de Neukos participan mañá, día 17 de xuño, na Mesa 3 do ColaboraTIC.gal que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia de Santiago de Compostela. O seu encontro comenzará ao redor das 12:00 da mañá e, entre outros temas, nesa mesa abordaranse boas prácticas no eido da colaboración entre o software libre e o tecido empresarial vinculadas a modelos alternativos de financiamento de proxectos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal