Mancomún

Cambios na Definición de Software Libre da FSF

Venres, 12 Decembro 2008

Hoxe mesmo podemos ler no blog sobre licencias da Free Software Foundation o seguinte:

http://mancomun.org/images/stories/fsf.png

 Onte, fixemos algúns cambios á Definición de Software Libre para axudar a deixar claros un par de puntos que tiñan confundido á xente no pasado. Como esta definición é a referencia que empregamos para decidir se unha licencia é ou non é libre, queremos que sexa tan sinxela de entender como sexa posible, e segundo pasaron os anos fixémoslle regularmente cambios ó texto para conseguilo.

Nesta ligazón podemos ver exactamente que se cambiou nesa definición.

Na mesma anotación podemos ler ademais:

Co obxectivo de axudar á xente a entender o propósito destes cambios, tamén engadimos unha sección Historia ao documento. Esta sección proporciona un breve resumo de cada cambio substancial que temos feito á Definición dende que empezamos a mantela nun CVS, alá no 2001. Ademais proporcionamos ligazóns que mostran exactamente o texto que se cambiou. Incluso pode obter esta información para cada un dos cambios que se fixo. Se desexa ver de que forma abordou a Definición de Software Libre diferentes temas a través dos anos – tanto si é porque ten dúbidas, a modo de lección de Historia, ou por ser simplemente curioso – anímolle a revisalo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal