Tres meses despois do seu lanzamento en «beta», o navegador Chrome de Google, un dos desafíos máis importantes ao xigante Microsoft, saíu da súa versión en probas.
Segundo Google, máis de 10 millóns de usuarios activos xa utilizan o novo navegador aos 100 días do seu lanzamento. Nunha nota, a compañía asegura que se aumentou aínda máis a rapidez de Chrome, mellorouse a estabilidade, especialmente nas aplicacións de son e vídeo, e optimizáronse os marcadores de controis de privacidade”.
Tras o período aberto de probas, introducíronse unha serie de melloras respecto da «beta», tales como unha maior estabilidade do navegador, máis velocidade de navegación e descargas (grazas ás melloras no motor JavaScript V8), e un maior control na administración de marcadores.
Ademais, reagrupáronse as funcións relativas á privacidade nun sitio, para ofrecer maior control ao usuario.
Fonte: http://www.elmundo.es/navegante/2008/12/12/tecnologia/1229068895.html
