Mancomún

CC lanza a licenza CC0 1.0 Universal que declara unha obra de dominio público

Luns, 2 Marzo 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/cc-zero.pngCreativeCommons acaba de lanzar a licenza CC0 1.0 Universal ou “Zero: No Copyright”, que resumindo brevemente di que o traballo ofrecido baixo esta licenza é libre de ser utilizado sen ningún inconveniente xa que o autor deste traballo decidiu ofrecerlle o seu traballo á comunidade, renunciando a todos os dereitos de autoría sobre a obra.

Recomendamos a todo aquel que queira publicar os seus contidos baixo esta licenza que lea detidamente o texto publicado por CC sobre esta nova licenza xa que, nunha parte das FAQ desta licenza, especifícase que os dereitos aos que se renuncian dependen sempre da lexislación vixente no país e por iso sinalamos que a licenza CC0 non ten confirmada a súa compatibilidade co ordenamento xurídico español.

Sobre as licenzas CreativeCommons, cómpre recordar que, recentemente, a Oficina de Software Libre da USC publicou a tradución ao galego das Creative Commons 3.0…

Polo de agora a licenza CC-Zero non se atopa dispoñíbel en ningún idioma distinto do inglés, mais cando estea en galego, poderedes atopala na seguinte ligazón:

http://creativecommons.org/licenses/zero/1.0/deed.gl

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal