Google informou recentemente de que as versións para Linux e Mac OS de Chrome xa están dispoñíbeis, aínda que polo momento son versións dirixidas a desenvolvedores e programadores, polo que pode ser que moitas funcións aínda non estean optimizadas, xa que por exemplo aínda non dispón nestas versións de compatibilidade para flash, nin de características como a xestión de marcadores ou o compatibilidade de impresoras.
Chrome abandonou a súa fase de probas a finais do 2008, e ata o momento só estaba dispoñíbel para Windows de Microsoft, pero despois das boas impresións que deixou este navegador e pola presión de numerosos usuarios, Google veuse obrigado a acelerar a saída das versións compatíbeis con Linux e Mac OS.
Google afirma que a maiores das melloras realizadas neste navegador, que se engadiron na versión presentada neste pasado marzo, estiveron traballando moi duro para reconstruír algúns elementos de Chrome para facelo compatíbel, como por exemplo a interface gráfica e a súa capacidade para realizar procesos invisíbeis ao usuario. Tamén cabe destacar o seu moi bo rendemento ao interpretar JavaScript.
As versións para Linux e Mac OS pódense descargar dende esta ligazón, da páxina web de desenvolvemento de Chrome:
http://dev.chromium.org/getting-involved/dev-channel
Fontes: http://www.publico.es/ciencias/tecnologia/230467/navegador/google/listo/mac/linux
