Mancomún

Compilacións de probas de Fennec para Linux e capturas de pantalla da versión en galego

Luns, 22 Xuño 2009

Desde hai tempo que existen as compilacións de Fennec (o Firefox para dispositivos móbiles) para as plataformas Windows Mobile e Maemo. Recentemente, en Mozilla, comezaron a publicar compilacións para computadores persoais tamén. As compilacións pódense usar para comprobar a funcionalidade dos complementos e as localizacións coas últimas versións de código.

A continuación podedes atopar unha serie de capturas de pantalla da versión de Fennec traducida ao galego e coordinada por Mancomún:

Inicio Fennec Galego

Se queredes, podedes descargar estas versións desde as seguintes ligazóns:

Versión oficial en inglés:http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mobile-trunk/

Versión traducida ao galego para Maemo e computadores con Linuxhttp://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mobile-trunk-l10n/ Para aquela xente que o probe no seu PC, dicir que o punteiro do rato non é visíbel na xanela do Fennec xa que está pensado para dispositivos táctiles. Se queredes que se visualice o cursor, teredes que escribir na barra de enderezos “about:config”, buscar o parámetro “browser.ui.cursor” e cambialo a “true”.

Capturas de pantalla

Inicio:
inicio fennec

Separadores en Fennec:
separadores en fennec

Marcadores en Fennec:
marcadores en fennec

Fennec navegando:
fennec mancomun

Descargas en Fennec:
descargas en fennec

Buscadores en Fennec:
buscadores en fennec

Complementos de Fennec:
complementos de fennec

Configuración de Fennec:
configuración de fennec

Se atopades calquera erro na tradución, como sempre, non teredes máis que notificárnolo a través do foro xeral de localización dos nosos foros.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal