Joomla! Community Builder (CB) é unha suite para Joomla! (un compoñente e un conxunto de tres módulos) que amplía as funcionalidades dos usuarios para construír comunidades online.
As características máis destacables son:
- Ampliación dos campos adicionais no perfil de usuarios
- Listas de usuario
- Conectividade entre os usuarios
- Xestión de traballo en grupo
- Integración con outros compoñentes como PMS
- Boletín de novas
- Foros
- Galerías
- Blogues (Mamblog)
- …
A versión 1.1
anunciada na web oficial do proxecto, Joomlapolis!, é compatible con todos os Joomla! 1.0.x (incluíndo 1.0.13) e 1.5 RC 1 e Mambo 4.5.2-4.6.2.
» Páxina oficial do complemento:
http://www.joomlapolis.com/
» Tutoriais para Community Builder:
http://www.mambodemo.com/community_builder/