Visto en ElMundo.es:
Aprender a escoitar é toda unha arte. Pero para unha empresa pode ser, ademais, unha inesgotable fonte de ideas e a mellor maneira de achegarse ao que quere o consumidor. En Mozilla, que non son unha compañía ao uso, queren mellorar Firefox coas ideas dos usuarios a través do proxecto Concept Series. E non fai falta saber deseñar nin programar para enviar unha proposta.
A través dos seus laboratorios queren crear un foro para compartir e traballar de maneira común en ideas e conceptos desenvolvidos por calquera. Buscan converterse nun lugar “onde a xente poida reunirse para crear, experimentar e xogar con innovacións para Internet en beneficio público”.
Que pode facer quen teña unha idea? Hai tres opcións: expola de forma sinxela, por exemplo, a través dun blogue; crear un bosquexo e publicalo en Flickr; ou elaborar un prototipo e colgalo na Rede. Unha vez feito, en calquera das vertentes, en Mozilla crearon un
foro para dar a coñecer estes conceptos…
E despois, a esperar que calle e que o resto de usuarios acheguen o seu punto de vista ou posibles melloras. O único requisito é que estea publicado baixo unha licenza
Creative Commons. Pero que quede claro que Mozilla non traballará en todos os conceptos que se acheguen. Simplemente busca un gran campo de ideas como inspiración baixo unha lema moi cabal: “Se audaz. Se radical. Cando máis tolo, mellor”.