Mancomún

Convocados novos cursos de iniciación á informática con Linux

Mércores, 23 Abril 2008
A Rede de Dinamización continúa a promover por toda a xeografía galega o uso do sistema operativo Linux coa convocatoria de sete novos cursos de iniciación á informática sobre este software. Actualmente xa son once concellos galegos os que están a impartir os obradoiros, os cales se prolongarán na maior parte dos casos ata finais do mes de maio.

Estes cursos, de carácter gratuito, están orientados a amosar o contorno básico do sistema operativo Ubuntu, así como a familiarización coas ferramentas básicas informáticas.

Ubuntu é un sistema operativo de código aberto desenvolto en torno ao kernel Linux. A filosofía Ubuntu baséase nos seguintes principios: que o software debe ser gratuíto, que a xente debe poder usar o software na súa lingua materna e debe poder facelo independentemente de calquera que sexan as súas limitacións; ademais de que debe ser libre para personalizar ou modificar o software do modo que crea máis conveniente.

Para matricularse, consultar a dispoñibilidade de prazas e localizacións, así como os horarios dos cursos deberán remitirse á Rede de Dinamización .

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal