Unha das novas características que nos anunciaba Louis Suárez-Potts alá por setembro do ano pasado na OOoConf 2007 era que moitas das funcionalidades do futuro OpenOffice.org 3 serían a base de extensións. Con esa pretensión, hai un tempo que existe o portal http://extensions.services.openoffice.org onde podemos atopar diversas extensións que nos provén de novas funcionalidades.A raíz disto, en Mancomún decidimos corrixir algúns erros pendentes do corrector actual do OpenOffice.org2 e portalo como extensión para OpenOffice.org3, instalable a través do “Xestor de extensións”.
A partir de agora temos que diferenciar os 2 correctores ortográficos dispoñibles para OpenOffice.org:
|
-Novo corrector 2.2 para OpenOffice.org2 (actualizados algúns erros) |
|
|
-Novo corrector en forma de extensión para OpenOffice.org3 baseado no anterior. Decidimos distinguir esta versión co número 3.2 para diferenciar mellor os dous correctores. |
