O Concello de Sarreaus (Ourense) acolle durante este días e até o vindeiro 28 de xullo un curso de presentacións multimedia na aplicación libre Impress. Os participanets no obradoiro aprenderá, ademais de crear unha presentación en Impress, a escanear fotos e a gravar imaxes de Internet.
O curso, organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, impártese os luns, mércores e xoves de 9:00 a 10:30.
