Mancomún

Curso de OpenOffice.org no Concello de Curtis

Xoves, 24 Xullo 2008

rede de dinamizaciónA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un curso sobre a suite ofimática OpenOffice.org no Concello de Curtis. Este obradoiro dará comezo o día 1 de agosto e rematará o día 22 do mesmo mes, desenvolvéndose os luns, mércores e venres en horario de 9:30 a 11:00 horas.

Serán un total de 11 horas, nos que os asistentes a este obradoiro poderán aprender a utilizar as ferramentas máis importantes e útiles do paquete ofimático de software libre Open Office (folla de cálculo, procesador de textos e presentación de diapositivas).

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal