Cursos de ferramentas libres na Rede CeMIT

Luns, 20 Maio 2019

A Rede CeMIT organiza unha serie de actividades para conmemorar o Día Mundial de Internet (17 de maio). Dentro destas actividades, dende o portal de Mancomún destacamos unha serie de cursos arredor de ferramentas libres como Inkscape, LibreOffice, WordPress, Gimp ou Simple Invoices.

Deseño vectorial con Inkscape

  • Aula CeMIT Ames
  • Do 21 Maio 2019 ao 31 Maio 2019
  • Horario de 18:15 a 19:45
  • Máis información e inscrición na páxina do curso

Iniciación ao Procesador de Texto LibreOffice Writer

  • Aula CeMIT Poio
  • Do 27 Maio 2019 ao 31 Maio 2019
  • Horario de 18:00 a 19:30
  • Máis información e inscrición na páxina do curso

Taller de Facturación Open Source con Simple Invoices

  • Aula CeMIT Abegondo
  • O 27 Maio 2019 de 18:00 a 19:30
  • Máis información e inscrición na páxina do curso

Creación de blogs – WORDPRESS

  • Aula CeMIT Ourense
  • Do 10 Xuño 2019 ao 28 Xuño 2019
  • Horario de 09:30 a 11:30
  • Máis información e inscrición na páxina do curso

Edición de imaxes con GIMP

  • Aula CeMIT Cuntis
  • Do 17 Xuño 2019 ao 20 Xuño 2019
  • Horario de 10:00 a 12:00
  • Máis información e inscrición na páxina do curso

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer á cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.

Aliad@s Dixitais

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC. Esta estratexia estase a desenvolver grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital. Actualmente o Plan de Inclusión Dixital conta con máis de 800 aliados dixitais.

Máis información nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal