Debian decide cambiar o seu ciclo de versións a un baseado en datas

Mércores, 29 Xullo 2009

Logo de DebianO anuncio foi realizado hai dous días na páxina oficial do proxecto en:http://www.debian.org/News/2009/20090729

Segundo o propio anuncio di:

"O proxecto Debian decidiu adoptar unha nova política no desenvolvemento das súas versións, usando para iso un ciclo de dous anos. As versións serán "conxeladas" en decembro de cada ano impar a partir do actual, o que significa que a primeira versión en saír con esta nova política sairá na primavera do 2010 (aproximadamente a mediados de ano)

O proxecto elixiu a data de decembro como data de conxelación xa que as últimas versións lanzadas en primavera (Debian GNU/Linux 4.0 Etch e Debian GNU/Linux 5.0 Lenny) foron moi satisfactorias."

Ademais, engaden que este cambio permitirá "combinar a predictibilidade dos ciclos de versións baseados en datas coa política estabelecida de versións baseadas en características". Tamén permitirá aos desenvolvedores unha mellor planificación das tarefas.

Posto que a última versión de Debian saiu o 14 de febreiro deste ano, a seguinte versión 6.0, e de nome "Squeeze", será a única excepción e terá un ciclo de desenvolvemento de só un ano. Para facilitar o traballo de migración de grandes compañías e outros usuarios, o proxecto Debian proverá da posibilidade de saltar a seguinte versión 6.0 para facer unha actualización directa da versión 5.0 (Lenny) á seguinte 7.0 (aínda sen nome).

Máis información no anuncio oficial na páxina de Debian.

http://www.debian.org/News/2009/20090729

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal